Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Comprensión oral dicótica

Definición:

Técnica que se utiliza para estudar que hemisferio do cerebro controla a audición e a linguaxe. Kimura, no Instituto Neurolóxico de Montreal, enviou dúas mensaxes de forma simultánea aos oídos dos seus suxeitos. Estes lograron identificar con máis exactitude a mensaxe recibida polo oído dereito que a recibida polo esquerdo; por iso este fenómeno coñécese como vantaxe ou dominio do oído dereito.

Bibliografía: 

Foss, D. & Hakes, D. T. 1978. Psycholinguistics. An Introduction to the Psychology of Language. New Jersey: Prentice Hall.

Springer, S. P. & Deutsch, G. 1981. Left Brain, Right Brain. New York: Freeman and Company, 1989.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Comprensión oral dicótica
Inglés: 
Dichotic listening
Francés: 
Compréhension orale dichotique
Alemán: 
Dichotisches Hören
Italiano: 
Comprensione orale dicotica
Polaco: 
Słuchanie dychotomiczne
Portugués: 
Audição dicótica
Ruso: 
Дихотическое слушание
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/comprension-oral-dicotica, con data de acceso 05/11/2024).