Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Autenticidade

Definición:

No ensino de linguas, adoita falarse de autenticidade con referencia a aqueles textos que non foron inventados ou modificados para servir de modelo senón que están tomados directamente de fontes ou situacións comunicativas reais. Co desenvolvemento do concepto de competencia comunicativa e a introdución do enfoque comunicativo nos anos 70 do século pasado, a autenticidade dos materiais empregados na clase de lingua adquiríu unha importancia capital, dado que é a través deste tipo de textos como mellor se pode expoñer aos estudantes á riqueza e variabilidade das formas lingüísticas en contextos de comunicación reais. Do mesmo xeito, adoita falarse de tarefas de clase auténticas con referencia a aquelas actividades formativas contextualizadas de maneira realista que reflicten o modo en que os coñecementos adquiridos serán empregados na vida real.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gilmore, A. 2007. "Authentic materials and authenticity in foreign language learning." Language teaching 40/2: 97-118.

Herrington, J., Reeves, T. C., & Oliver, R. 2010. A guide to authentic e-learning. New York and London: Routledge.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Autenticidad
Inglés: 
Authenticity
Francés: 
Authenticité
Alemán: 
Authentizität
Italiano: 
Autenticità
Polaco: 
Autentyczność
Portugués: 
Autenticidade
Ruso: 
Аутентичность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/autenticidade, con data de acceso 06/11/2024).