Gagné, E. D. 1991. Psicología cognitiva del aprendizaje escolar. Madrid: Visor.
Palabras impresas que pode recoñecer un falante a primeira vista cando le unha pasaxe ou un texto escrito sen necesidade de descodificalo, empregando destrezas fónicas (recorrendo á pronuncia) ou de lectura (recorrendo ao contexto). A estrutura cognitiva que se emprega no recoñecemento do vocabulario visual consiste na identificación duns patróns de produción específicos. Así, por exemplo, para recoñecer a palabra escrita cat (“gato”), o lector recorre ao recoñecemento dun patrón que inclúe a seguinte condición: se a primeira letra é c e a segunda e a terceira son a e t, respectivamente, actívase entón o concepto de cat na memoria a longo prazo, así como o seu patrón de son.
Esta técnica cognitiva de recoñecemento de patróns mediante a activación e relación das condicións que os forman coñécese como emparellamento, un proceso de descodificación de gran importancia xunto coa recodificación, que consiste na transformación da representación impresa en son, que é o que activa o significado.