Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

RP

Definición:

Abreviatura do inglés correspondente a Received Pronunciation, que significa Pronuncia aceptada. Parece que foi o fonetista británico Daniel Jones o primeiro en empregar esta expresión con referencia ao acento que goza de maior prestixio público en Gran Bretaña e nalgunhas outras zonas do mundo de fala inglesa. Outras denominacións coas que se coñece esta variedade (Queens English, Public school English, Oxford English, BBC English, etc., é dicir, ”inglés da Raíña”, de escola privada, de Oxford, da BBC) responden á súa estreita asociación coas clases máis acomodadas e con certo tipo de institucións moi influentes no Reino Unido, como algúns internados privados, as universidades de Oxford e Cambridge, os medios de comunicación públicos, etc. Tradicionalmente, esta foi a variedade adoptada como modelo para o ensino da pronuncia inglesa a falantes de inglés como segunda lingua ou como lingua estranxeira, tanto dentro do Reino Unido como fóra, naquelas institucións educativas que optaron polo inglés británico como norma de referencia. Na actualidade, aínda que o seu prestixio declinou ata certo punto, sobre todo polas súas connotacións de clase e pola crecente puxanza da norma americana, o RP segue sendo unha das variedades mellor documentadas e a máis estendida nos centros educativos de Europa occidental.

Bibliografía: 

Gimson, A. C. & Cruttenden, A. 1994. Gimson’s Pronunciation of English. Londres: Edward Arnold.

Jones, D. 1997. English Pronouncing Dictionary. Cambridge: Cambridge University Press. 15th edition.

Wells, J. C. 1990. Longman Pronunciation Dictionary. Harlow: Longman.

Entrada anterior / seguinte:
Rol
RRI >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/rp, con data de acceso 25/04/2024).