Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Motivación extrínseca

Definición:

motivación que resulta de factores externos de aprendizaxe como, por exemplo, aprender a lingua estranxeira para conseguir un mellor posto de traballo. A motivación extrínseca comprende varios tipos:

  1. a motivación causativa, que afecta o proceso de aprendizaxe en si; e
  2. a motivación resultativa, que se produce por influencia do resultado positivo ou negativo da propia aprendizaxe, é dicir, que depende dos resultados académicos obtidos polo alumno.
Bibliografía: 

Ball, S. 1977. Motivation in Education. New York: Academic Press.

Gardner, R. C. & Lambert, W. 1972. Attitudes and Motivation in Second Language Learning. Rowley, Mass.: Newbury House.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Motivación extrínseca
Inglés: 
Extrinsic motivation
Francés: 
Motivation extrinsèque
Alemán: 
Extrinsische Motivation
Italiano: 
Motivazione estrinseca
Polaco: 
Motywacja zewnętrzna
Portugués: 
Motivação extrínseca
Ruso: 
Внешняя мотивация
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/motivacion-extrinseca, con data de acceso 17/03/2025).