método de ensino de linguas estranxeiras promovido por Michael West nos anos anteriores á Segunda Guerra Mundial. Pártese da base de que en moitos países nos que o inglés é unha lingua estranxeira, os estudantes, que só van permanecer na escola durante un número limitado de anos, deberían concentrar a súa atención no dominio da lectura. Para iso, West simplificou o vocabulario que habería que presentar ao alumnado, de maneira que só se empregaran termos de uso frecuente na lingua; ademais, dispuxo que o alumno contase con varias oracións para practicar unha mesma palabra antes de enfrontarse con elementos léxicos novos.
Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
Método novo
Definición:
Correspondencia noutros idiomas
Español:
Método nuevo
Inglés:
New method
Francés:
Méthode nouvelle
Alemán:
Neue Methode
Italiano:
Metodo nuovo
Polaco:
Nowa metoda
Portugués:
Método novo
Ruso:
Новый метод
Entrada anterior / seguinte:
Como citar esta páxina
Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-novo, con data de acceso 14/09/2024).