Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lonxitude media do enunciado

Definición:

Tamén LME.

Medida que reflicte a lonxitude e a complexidade da produción lingüística durante a adquisición na etapa infantil. O patrón de desenvolvemento lingüístico adoita comezar cunha palabra, para posteriormente ir aumentando a dúas ou tres, ao tempo que se adquiren as regras gramaticais. Con todo, algúns autores como Larsen-Freeman (1978) consideran que esta ferramenta non é moi útil en estudos de desenvolvemento da aprendizaxe porque o discurso formulístico é frecuente ao comezo da aprendizaxe da segunda lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Ellis, R. 1991. Understanding Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Larsen-Freeman, D. 1978. “An ESL Index of Development.” TESOL Quarterly 12: 439-448.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Longitud media del enunciado (LME)
Inglés: 
Mean length of utterance
Francés: 
Longueur moyenne de l'énoncé
Alemán: 
Durchschnittslänge der Äußerung
Italiano: 
Lunghezza media dell'enunciato
Polaco: 
Średnia długość wypowiedzi
Portugués: 
Extensão média do enunciado
Ruso: 
Средняя продолжительность высказывания
Entrada anterior / seguinte:
LOU >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lonxitude-media-enunciado, con data de acceso 15/10/2024).