Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Identidade

Definición:

Aspecto da aprendizaxe dunha segunda lingua que se ocupa da relación entre o aprendiz e a sociedade. Esta característica adoita analizarse desde unha perspectiva sociolóxica e antropolóxica, considerando que os factores individuais da aprendizaxe, como, por exemplo, a motivación, constrúense nun contexto social que cambia no tempo e o espazo. O papel que ese contexto xoga na aprendizaxe repercute no constructo da identidade do aprendiz. Doutra banda, os cambios que se produciron nas concepcións do individuo, a lingua e a aprendizaxe como unha práctica social contextualizada repercutiron na relevancia da identidade. Por exemplo, en contextos onde o aprendiz é valorado pode resultarlle máis fácil participar na interacción social. Esa interacción á súa vez implica a negociación e construción da identidade.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Norton, B. 2013. Identity and Language Learning. Extending the Conversation. Bristol: Multilingual Matters. 2nd edition.

Norton, B. & De Costa, P. I. 2018. "Research tasks on identity in language learning and teaching". Language Teaching 51/1: 90-112.

Norton, B. 2016. "Identity and language learning: Back to the future". TESOL Quarterly 50/2: 475–9.

Preece, S. (ed.) 2016. The Routledge handbook of language and identity. Abingdon: Routledge.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Identidad
Inglés: 
Identity
Francés: 
Identité
Alemán: 
Identität
Italiano: 
Identità
Portugués: 
Identidade
Ruso: 
Индивидуальность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/identidade, con data de acceso 07/12/2024).