Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Hipótese da validez ecolóxica

Definición:

1. En adquisición da linguaxe, teoría segundo a cal tanto o procesamento das oracións gramaticais como o das agramaticais se desenvolve tomando como referencia o mesmo conxunto de claves e de modelos de procesamento.

Bibliografía: 

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

2. En investigación, a validez ecolóxica fai referencia á posibilidade de xeneralizar os efectos rexistrados nun estudo experimental, facéndoos extensivos a outras condicións ambientais. Trátase, xa que logo, de delimitar en que circunstancias cabería esperar os mesmos resultados. A validez ecolóxica cúmprese se as situacións que se comparan no estudo son representativas da poboación con respecto a aquelas outras ás que o investigador pretende xeneralizar.

Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Hipótesis de la validez ecológica
Inglés: 
Ecological validity hypothesis
Francés: 
Hypothèse de la validité écologique
Alemán: 
Hypothese der ökologischen Validität
Italiano: 
Ipotesi della validità ecologica
Portugués: 
Hipótese da validade ecológica
Ruso: 
Гипотеза экологической достоверности
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/hipotese-validez-ecoloxica, con data de acceso 28/03/2024).