Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque orientado á acción

Definición:

Tipo de enfoque que considera que os falantes e aprendices dunha lingua son fundamentalmente “axentes sociais”, é dicir, pertencen a unha sociedade e nela desenvolven tarefas nunhas circunstancias, contextos e campos de acción determinados; deste xeito as actividades lingüísticas enmárcanse dentro dun contexto social máis amplo. Do mesmo xeito, as tarefas defínense como accións que se desenvolven utilizando competencias específicas para obter un resultado determinado. As persoas, como individuos e axentes sociais, adquiren unha serie de competencias, entre elas as comunicativas. Á súa vez, estas competencias prodúcense en contextos e baixo condicións concretas, o que condiciona as actividades lingüísticas. Estas actividades levan procesos lingüísticos co propósito de producir ou recibir textos relacionados con certos temas en dominios específicos; os falantes activan as estratexias necesarias para levar a cabo as tarefas que perseguen. O control que os falantes exerzan sobre estas accións dá como resultado a modificación ou o reforzo das súas competencias. O marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación adopta este enfoque na súa visión xeral da lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque orientado a la acción
Inglés: 
Action-oriented approach
Francés: 
Approche orientée à l'action
Alemán: 
Handlungsorientierter Ansatz
Italiano: 
Approccio orientato all'azione
Portugués: 
Abordagem orientada para a ação
Ruso: 
Подход ориентированный на конкретные действия
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-orientado-accion, con data de acceso 29/03/2024).