Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ego lingüístico

Definición:

Factor ou dimensión da personalidade que inflúe na aprendizaxe da lingua. A inhibición fai que os aprendices se defendan para protexer o seu ego. Nos experimentos realizados por Guiora et al. (1972, 1980), observouse que nos aprendices existen distintos graos de adaptación do seu ego lingüístico que reflicten a capacidade do individuo para enfrontarse ao conflito de identidade que supón a aprendizaxe dunha segunda lingua. Estes autores manteñen que a identidade do aprendiz se vai desenvolvendo xa no proceso de adquisición da súa primeira lingua. ⇒ personalidade.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Guiora, A., Acton, W., Erald, R. & Stickland, F. 1980. “The Effects of Benzodiazepine (Valium) on Permeability of Language Ego Boundaries.” Language Learning 30: 351-363.

Guiora, A., Beit-Hallahmi, R., Brannon, R., Dull, C. & Scovel, T. 1972. “The Effects of Experimentally Induced Changes in Ego States on Pronunciation Ability in a Second Language: An Exploratory Study.” Comprehensive Psychiatry 13: 421-428.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Ego lingüístico
Inglés: 
Language ego
Francés: 
Ego linguistique
Alemán: 
Sprachliches Ego
Italiano: 
Ego linguistico
Polaco: 
Ego językowe
Portugués: 
Ego linguístico
Ruso: 
Языковое эго
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ego-linguistico, con data de acceso 07/12/2024).