Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Discriminación de preguntas

Definición:

Técnica empregada na análise de preguntas para medir ata que punto unha pregunta dun exame axuda a discriminar os bos estudantes dos menos aplicados. Se unha pregunta determinada é contestada de igual modo tanto polos estudantes cun nivel elevado de lingua como polos que teñen un nivel de coñecementos máis baixo, dise de dita pregunta que discrimina pouco e habería que modificala ou substituíla. Normalmente considérase que un índice de discriminación dun 0,3% ou maior é suficiente para establecer diferenzas claras entre alumnos. O índice calcúlase coa fórmula: D=A-B/N, onde A representa o número de respostas correctas do grupo de estudantes máis avantaxados, B o dos que obtiveron peor nota no seu conxunto, e N o número de examinandos dun dos grupos (normalmente entre o 25 e o 33% do total).

Bibliografía: 

Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).

Baker, D. 1989. Language Testing: A Critical Survey and Practical Guide. London: Edward Arnold.

Brown, J. D. 2002. Criterion-Referenced Language Testing. Cambridge: Cambridge University Press.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Henning, G. 1987. A Guide to English Language Testing. Cambridge, Mass.: Newbury House.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Discriminación de preguntas
Inglés: 
Item discrimination
Francés: 
Discrimination de questions
Alemán: 
Aufgabendiskrimination
Italiano: 
Discriminazione di voci
Portugués: 
Discriminação das questões
Ruso: 
Тест с различной дифференцирующей способностью
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/discriminacion-preguntas, con data de acceso 06/12/2024).