Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Discriminación auditiva

Definición:

Capacidade para recoñecer os diferentes sons dunha lingua e, máis concretamente, identificar os distintos fonemas e modelos de acentuación e entonación. Para lograr unha boa pronuncia na lingua estranxeira é necesario desenvolver a discriminación auditiva. Un exemplo dos fonemas que poden causar dificultades de discriminación para o estudante galegofalante de inglés son /A:/, /æ/, /U/ e /W/, que poden soar como /a/ en galego.

Exemplos: 

Un exemplo dos fonemas que poden causar dificultades de discriminación para o estudante galegofalante de inglés son /A:/, /æ/, /U/ e /W/, que poden soar como /a/ en galego.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alcaraz Varó, E. & Moody, B. 1993. Fonética inglesa para españoles. Madrid: Marfil. 3ª edición.

Gómez González, María de los Ángeles & Sánchez Roura, Teresa. 2016. English Pronunciation for Speakers of Spanish: From Theory to Practice. Boston/Berlin: de Gruyter-Mouton.

Kenworthy, J. 1987. Teaching English Pronunciation. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Discriminación auditiva
Inglés: 
Auditory discrimination
Francés: 
Discrimination auditive
Alemán: 
Hördiskrimination
Italiano: 
Discriminazione auditiva
Polaco: 
Dyskryminacja słuchowa
Portugués: 
Discriminação auditiva
Ruso: 
Слуховая дискриминация
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/discriminacion-auditiva, con data de acceso 06/12/2024).