Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Diplôme d’Études en Langue Française (DELF)

Definición:

O Diplôme d'Études en Langue Française ou Diploma de Estudos en Lingua Francesa é un dos diplomas oficiais entregados polo Ministerio Francés de Educación Nacional para certificar as competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros. O DELF cobre catro dos niveis especificados no Marco europeo común de referencia para as linguas: A1, A2, B1 e B2. Os niveis C1 e C2 resérvanse para o Diplôme approfondi de langue française (DALF). Os titulares do DELF nivel B2 están exentos de realizar calquera tipo de proba lingüística para acceder a unha universidade francesa. Existen distintas versións do DELF en función das características do candidato. O DELF Prim é a versión para alumnos de ensino primario e permite a obtención do diploma nos niveis A1.1, A1 e A2. O DELF Junior está concibido para alumnos de ensino secundario e conduce á obtención, en función do nivel elixido polo alumno, do certificado de competencia para os niveis A1, A2, B1 ou B2. O DELF Escolar é unha versión do DELF Junior que se implanta nas comunidades autónomas a través da  firma dun convenio entre as autoridades educativas da comunidade autónoma e o Servizo Cultural da Embaixada de Francia en España. O DELF Para todos os públicos cobre tamén os niveis do A1 ao B2 e está previsto para mozos e adultos que non estean a cursar educación secundaria. Por último o DELF Prol (ofrecido en España para os niveis B1 e B2) ten unha orientación profesional e acredita a competencia do titular para desenvolverse en situacións profesionais habituais comúns a moitos sectores: interactuar en situacións reais de traballo, escribir un correo electrónico, comprender instrucións, etc.

⇒ apéndice III.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Diplôme d’Études en Langue Française (DELF)
Francés: 
Diplôme d’Études en Langue Française (DELF)
Ruso: 
Диплом по французскому языку
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/diplome-detudes-langue-francaise-delf, con data de acceso 09/10/2024).