O Diplôme Approfondi de Langue Française ou Diploma Avanzado de Lingua Francesa é un dos diplomas oficiais entregados polo Ministerio Francés de Educación Nacional para certificar as competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros. O DALF consta de dous diplomas independentes, correspondentes aos niveis C1 e C2 do Marco europeo común de referencia para as linguas (MCER). As probas para a obtención do DALF avalían as catro destrezas básicas: comprensión e expresión oral e comprensión e expresión escrita. Á hora de inscribirse, o candidato terá ademais que elixir unha das dúas especialidades, ciencias ou humanidades, para definir o tema das distintas probas orais e escritas. A posesión dun título de DALF exime de ter que realizar calquera proba de competencia lingüística á hora de acceder ás universidades francesas.
⇒ Apéndice III.