Garrison, D. R., Anderson, T., & Archer, W. 2000. "Critical Inquiry in a Text-Based Environment: Computer Conferencing in Higher Education". The Internet and Higher Education 2/2-3: 87-105.
O modelo de Comunidade de Indagación é un modelo de aprendizaxe virtual proposto orixinalmente por Garrison & al (2000) para comprender, estudar e aproveitar o potencial dos foros de discusión para a aprendizaxe en liña. O modelo concibe a aprendizaxe como un proceso de indagación, no que os participantes colaboran na construción do coñecemento, avalando os principios das correntes pedagóxicas construtivas e da aprendizaxe colaborativa, segundo os cales os coñecementos non se transmiten senón que se xeran e se adquiren a través da reflexión grupal. O modelo identifica a presenza de tres dimensións ou factores clave para o deseño dunha experiencia educativa efectiva no contexto da aprendizaxe en liña: a) presenza cognitiva, que se xera no proceso de indagación e consta de catro fases: detonación, exploración, integración e resolución; b) presenza social, definida como a capacidade dos participantes para proxectar ou conectarse social e emocionalmente; c) e a presenza docente, referida ao deseño, facilitación e dirección por parte do profesorado de procesos cognitivos e sociais co fin de conseguir que o alumnado obteña resultados de aprendizaxe significativos.
González-Miy, D., Herrera Díaz, L. E., & Díaz Camacho, J. E. 2014. "El modelo de Comunidad de Indagación", en Esquivel Gámez, I. (ed.), Los Modelos Tecno-Educativos, revolucionando el aprendizaje del siglo XXI. Universidad Veracruzana: México, pp. 73-84.
Russell, V. & Murphy-Judy, K. 2020. Teaching Language Online: A Guide for Designing, Developing, and Delivering Online, Blended, and Flipped Language Courses. London: Routledge.