Chapman, C., Ramondt, L. & Smiley, G. 2005. "Strong community, deep learning: Exploring the link". Innovations in education and teaching international 42/3: 217-230.
Conxunto de individuos que comparten obxectivos de aprendizaxe e cooperan activamente para a súa consecución, apoiándose mutuamente e aceptando a diversidade de puntos de vista. As interaccións no seo dunha comunidade de aprendizaxe forte soen conter abundantes indicios de calidades tales como informalidade, confianza, humor, empatía, sinceridade, etc. Moitas investigacións suxiren que un contexto participativo que presente estas características favorece unha aprendizaxe máis rápida e profunda, contribuíndo a fortalecer o espírito crítico e a actitude positiva. O desenvolvemento deste tipo de relacións entre os participantes constitúe un especial desafío no ensino en liña, onde soe predominar a interacción asincrónica na que a expresión de emocións e actitudes expón maiores dificultades que a interacción cara a cara.
Shea, P., Li, C. S., Swan, K. & Pickett, A. 2005. "Developing Learning Community in Online Asynchronous College Courses: The Role of Teaching Presence". Journal of Asynchronous Learning Networks 9/4: 59-82.