Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Clima

Definición:

Factores, na súa maioría de natureza afectiva, que contribúen á creación dunha determinada atmosfera na aula. Dise que o clima dunha clase é positivo cando o alumno mantén actitudes favorables cara á aprendizaxe que se ven reflectidas xeralmente no comportamento e papel do discente. Pódese afirmar que un clima favorable para a aprendizaxe é case unha condición indispensable para o éxito e bo rendemento do alumno. Neste sentido é importante que o docente trate de motivar ao alumnado, respondendo ás súas necesidades e intereses na medida do posible, facéndoo partícipe directo na súa propia aprendizaxe e establecendo conexións entre a clase de lingua estranxeira e o mundo que a rodea.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Clima
Inglés: 
Climate
Francés: 
Climat
Alemán: 
Klima
Italiano: 
Clima
Polaco: 
Klimat
Portugués: 
Clima
Ruso: 
Климат
Entrada anterior / seguinte:
CLL >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/clima, con data de acceso 06/12/2024).