Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Categoría baleira

Definición:

O termo remite orixinalmente á Gramática xenerativa (Chomsky 1981), onde fai referencia a un elemento que non posúe contido fonológico e por tanto non se pronuncia. No ámbito da ensino/aprendizaxe de linguas, emprégase para designar un elemento lingüístico que non aparece na interlinguaxe dun alumno. Represéntase normalmente como /e/. Kaplan e Selinker (1997) distinguen entre categoría baleira ausente e categoría borrada. A primeira está relacionada coa competencia lingüística e prodúcese en inglés en exemplos como I didn’t plug it /e/ (“Non o enchufei”), onde a partícula in do verbo frasal non aparece, xa que está ausente na interlinguaxe inglesa deste aprendiz. A segunda relaciónase coa actuación, xa que o alumno a produce soamente baixo certas circunstancias (ansiedade, cansazo, etc.). No exemplo do inglés How do you write /e/? (“Como se escribe?”), no que o pronome it está borrado, obsérvase que, aínda que o alumno coñece a existencia do pronome neste contexto, o omite.

Bibliografía: 

Kaplan, T. & Selinker, L. 1997. “Empty, Null, Deleted, Missing, Omitted, Absent. Items in Interlanguage.” Second Language Research 13/2: 170-186.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Categoría vacía
Inglés: 
Empty category
Francés: 
Catégorie vide
Alemán: 
Leere Kategorie
Italiano: 
Categoria vuota
Polaco: 
Pusta kategoria
Portugués: 
Categoria vazia
Ruso: 
Пустые категории
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/categoria-baleira, con data de acceso 06/12/2024).