Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Alliance Française

Definición:

Asociación francesa de carácter autónomo sen ánimo de lucro fundada en París en 1883 co obxectivo de promover a cultura e o idioma franceses tanto dentro como fóra do país, así como fomentar o intercambio cultural entre nacións. Actualmente, a Alianza Francesa conta cuns 850 centros distribuídos en máis de cento trinta países. En España posúe a día de hoxe vinte e un centros cuxas actividades coordina unha Delegación Xeral en colaboración cos Servizos Culturais da embaixada de Francia en Madrid. Entre estas actividades cabe salientar, por exemplo, a organización de cursos de lingua francesa de distintos niveis e a expedición de certificados e diplomas oficiais, ou a realización de actividades culturais de diversa índole (conferencias, mesas redondas, exposicións, proxeccións de películas, etc.). Como centros oficiais de exames, as Alianzas ofrecen os seguintes diplomas do Ministerio de Educación francés, a Alliance Française de Paris e a Cámara de Comercio de París: o DELF (Diplôme d'études en langue française)niveis A1 a B2, e o DALF (Diplôme approfondi de langue française), niveis C1 e C2; o TCF (Test de connaissance du français), un test de competencia lingüística en francés como lingua xeral que clasifica aos candidatos nun dos seis niveis do Marco Común de Referencia, A1 a C2; o DAEFLE (Diplôme d´Aptitude à l´Enseignement du Français Langue Étrangère); e varios diplomas e certificados de francés para fins específicos.

Correspondencia noutros idiomas
Ruso: 
Французский Альянс
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/alliance-francaise, con data de acceso 27/04/2024).