Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.
Tamén actividade de quecemento.
Actividade de animación que se leva a cabo preferentemente ao comezo dunha clase ou dunha nova fase na aprendizaxe e que ten como finalidade motivar aos alumnos e proporcionarlles un primeiro contacto co tema que se vai desenvolver ao longo da sesión. Estas actividades requiren a participación activa dos discentes, razón pola que a súa dificultade non adoita ser moi elevada. Deben situarse sempre a un nivel adecuado aos coñecementos (e ata preferencias) dos estudantes. Unha das súas características principais é que case sempre conlevan un compoñente lúdico ou de diversión co obxectivo de incrementar a motivación dos alumnos, relaxar o ambiente na aula e presentar os elementos novos de xeito atractivo e alcanzable.
Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.