Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Clase invertida

Definición:

Técnica de ensino desenvolvida desde hai apenas unha década na que se inverte a secuencia tradicional segundo a cal o profesor primeiro expón contidos novos na aula e a continuación propón actividades prácticas para realizar en clase ou como tarefa para casa. Na “clase ao revés” o docente grava as súas explicacións en breves vídeos ou selecciona material multimedia para que os discentes traballen os contidos novos con antelación. Dese modo libérase tempo de aula para atender de forma individualizada as dificultades experimentadas por cada un e levar a cabo actividades centradas na aplicación dos contidos á resolución de problemas, a discusión de conceptos avanzados ou a colaboración en proxectos ou tarefas máis complexas. Con esta técnica, onde a tecnoloxía xoga un papel importante, cada estudante accede aos contidos e procésaos ao seu propio ritmo e segundo as súas necesidades, o que contribúe a incrementar a súa confianza nas súas capacidades e favorece a súa participación máis activa nas clases. O docente, pola súa banda, coñece en maior medida as dificultades e preferencias individuais dos discentes e pode dedicar os seus esforzos na aula a orientalos e motivalos. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bergmann, J. & Sams, A. 2014. Dale la vuelta a tu clase. (Traducción española de Maia Fernández). Madrid: Ediciones SM.

Santiago, R. & Bergmann, J. 2018. Aprender al revés. Flipped Classroom 3.0 y Metodologías activas en el aula. Barcelona: Paidós.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Clase invertida
Inglés: 
Flipped classroom
Ruso: 
"Перевёрнутый класс" (форма смешанного обучения)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/clase-invertida, con data de acceso 30/04/2024).