Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Variación libre

Definición:

Tipo de variación que se produce cando un falante dunha segunda lingua emprega ao azar dúas ou máis variantes dunha variable. Segundo Ellis (1985), a variación libre prodúcese cando un alumno aprende unha forma nova xunto a outra que adquiriu previamente e a emprega para comunicar o mesmo significado. Por exemplo, un estudante pode utilizar I read a lot e I am reading a lot para a mesma situación porque usa o presente simple e o continuo para comunicar o mesmo significado.

Exemplos: 

Un estudante pode utilizar I read a lot e I am reading a lot para a mesma situación porque usa o presente simple e o continuo para comunicar o mesmo significado.

Bibliografía: 

Ellis, R. 1991. Understanding Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Variación libre
Inglés: 
Free variation
Francés: 
Variation libre
Alemán: 
Freie Variation
Italiano: 
Variazione libera
Portugués: 
Variação livre
Ruso: 
Свободная вариация
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/variacion-libre, con data de acceso 10/12/2024).