Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Rutina

Definición:

Tamén fórmula e linguaxe formulística.

Segmento lingüístico consistente en varios morfemas ou palabras que se aprenden de forma conxunta, como un bloque, e que se utilizan coma se fosen unha soa unidade. Así, por exemplo, pódense considerar como rutinas en inglés: How are you? (“Como estás?”), With best wishes (Cos meus mellores desexos), To whom it may concern (A quen corresponda”), You must be kidding (Debes de estar de broma”). Outros exemplos serían os seguintes: en italiano, Grazie mille (Moitas grazas), Come vai? (“Que tal?).

Unha rutina ou fórmula utilizada na conversa adoita coñecerse como rutina conversacional: en inglés, Thats all for now (Iso é todo polo momento”), How awful! (Que horrible!), You dont say (“Que me dis!”), The thing is (O caso é que), Would you believe it! (Como cho conto”), e unha rutina que se utiliza co fin de mostrar cortesía coñécese como fórmula de cortesía: en inglés, Thank you very much (Moitas grazas), ou en francés Merci beaucoup (Moitas grazas). 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Coulmas, F. (ed.) 1981. Conversational Routine. The Hague: Mouton.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Rutina
Inglés: 
Routine
Francés: 
Routine
Alemán: 
Routine
Italiano: 
Routine
Portugués: 
Rotina
Ruso: 
Рутинный
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/rutina, con data de acceso 02/05/2024).