Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Par mínimo

Definición:

Par de palabras que só se diferencian por un son, por exemplo, xordo e gordo. Se unha persoa non logra pronunciar de forma correcta un son en particular, pode dar lugar a malentendidos e interpretacións erróneas. Agora ben, o contexto dun enunciado adoita achegar información suficiente para saber de que palabra se trata.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Baker, C. 1982. Ship or Sheep, Tree or Three - A Teacher’s Guide to Teaching Pronunciation. Cambridge: Cambridge University Press.

Estebas Vilaplana, E. 2012. Teach Yourself English Pronunciation. An Interactive Course for Spanish Speakers. Oleiros: Netbiblio. 2ª edición. 

Este termo adóitase aplicar a dous elementos calquera dunha lingua que sexan case idénticos e se diferencien só nun trazo específico ou nun grupo de trazos relacionados. Así, por exemplo, as oracións a) e b) poden considerarse en inglés un par mínimo, xa que unicamente contrastan pola localización do acento nuclear, o cal provoca un cambio de significado:

  1. JANE likes fish (i. e. not Mary, but Jane).

“A JANE, gústalle o peixe (non a Mary, senón a Jane)”.

  1. Jane LIKES fish (i. e. she does not hate it).

“A Jane GÚSTALLE o peixe (non lle desagrada)”.

Exemplos: 

As oracións a) e b) poden considerarse en inglés un par mínimo, xa que unicamente contrastan pola localización do acento nuclear, o cal provoca un cambio de significado:

  1. JANE likes fish (i. e. not Mary, but Jane).

“A JANE, gústalle o peixe (non a Mary, senón a Jane)”.

  1. Jane LIKES fish (i. e. she does not hate it).

“A Jane GÚSTALLE o peixe (non lle desagrada)”.

Bibliografía: 

Lado, R. 1972. Language Testing. The Construction and Use of Foreign Language Tests. London: Longman. 7th impression.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Par mínimo
Inglés: 
Minimal pair
Francés: 
Paire minimale
Alemán: 
Minimalpaar
Italiano: 
Coppia minima
Polaco: 
Pary minimalne
Portugués: 
Par mínimo
Ruso: 
Минимальная пара
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/par-minimo, con data de acceso 09/10/2024).