Halliday, M. A. K. 1978. Language as Social Semiotic: The Social Interpretation of Language and Meaning. London: Edward Arnold.
M. A. K. Halliday (1978) emprega este termo ao falar do proceso de adquisición da lingua materna para referirse a unha serie de intencións ou propósitos comunicativos que son os que desenvolvemos en primeiro lugar durante a infancia. A través dos sons que articulan nas fases iniciais da súa aprendizaxe lingüística, os nenos son capaces de expresar unha gama crecente de significados correspondentes a distintas funcións. Halliday establece sete funcións básicas:
- instrumental (quero): satisfacer necesidades materiais;
- reguladora (fai o que digo): controlar a conduta doutros;
- interaccional (ti e máis eu): relacionarse con outras persoas;
- persoal (aquí estou): expresar a súa propia identidade;
- heurística (dime por que): explorar o mundo exterior e interior;
- imaxinativa (fagamos coma se): crear o seu propio mundo; e finalmente,
- informativa (teño algo que contarche): comunicar información nova.
Bibliografía:
Halliday, M. A. K. 1994. An Introduction to Functional Grammar. London: Edward Arnold. 2nd edition.