Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Formal

Definición:

En sociolingüística emprégase este adxectivo para identificar un punto do continuo estilístico (⇒ estilo2) que corresponde a situacións comunicativas nas que o grao de intimidade entre os participantes é baixo e nas que outros factores tales como o tema tratado, o lugar no que ten lugar a interacción, etc., impón unha maior atención por parte do falante ao modo en que se expresa. A secuencia Damas e cabaleiros, é para min motivo de enorme satisfacción atoparme entre vostedes en data tan sinalada pode considerarse ilustrativa dun estilo formal.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Giles, H., Coupland, J. & Coupland, N. 1991. Contexts of Accommodation: Developments in Applied Sociolinguistics. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Formal
Inglés: 
Formal
Francés: 
Formel
Alemán: 
Formell
Italiano: 
Formale
Polaco: 
Formalny
Portugués: 
Formal
Ruso: 
Формальный
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/formal, con data de acceso 23/04/2024).