Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Construción cara atrás

Definición:

Técnica empregada no ensino de linguas para desenvolver as destrezas orais. Emprégase como técnica para axudarlle ao alumno para pronunciar correctamente unha palabra polisémica ou difícil. En esencia, a técnica consiste en que o profesor empeza por pronunciar a última sílaba da palabra, que o alumno repite, e paulatinamente repítese o proceso coas demais sílabas ata completar a palabra. Tamén se utiliza para a memorización de fragmentos dun diálogo ou dunha estrutura ou patrón sintácticos ou para axudarlle aos alumnos a pronuncialo co ritmo adecuado. Para iso, divídese un enunciado en varias partes de modo que o alumno repita sucesivamente e coa entoación adecuada a última sección, as dúas últimas, as tres últimas, etc.

Exemplos: 

A seguinte secuencia en inglés: some sugar; to buy some sugar; to the supermarket to buy some sugar; he went to the supermarket to buy some sugar (“azucre”, “comprar azucre”, “ao supermercado a comprar azucre”, “foi ao supermercado a comprar azucre”).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Rivers, W. M. 1981. Teaching Foreign Language Skills. Chicago: University of Chicago Press. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Construcción hacia atrás
Inglés: 
Backchaining
Francés: 
Backchaining
Alemán: 
Backchaining
Italiano: 
Costruzione a ritroso
Polaco: 
Backchaining
Portugués: 
Encadeamento inverso
Ruso: 
Backchaining (техника ударения на последний слог)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/construcion-cara-atras, con data de acceso 14/09/2024).