Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Capacidade lingüística académica e cognitiva

Definición:

Hipótese proposta por Cummins (1980) que fai referencia á competencia lingüística e académica necesaria para que un aprendiz de linguas poida realizar sen problemas as tarefas de clase. Este tipo de aptitude contraponse coas Destrezas de Comunicación Interpersoal (DCI), que consisten na capacidade para levar a cabo outro tipo de funcións da comunicación interpersoal ou social.

Bibliografía: 

Cummins, J. & Swain, M. 1986. Bilingualism in Education: Aspects of Theory, Research and Practice. Essex: Longman.

Cummins, J. 1980. “The Construct of Language Proficiency in Bilingual Education”, in Alatis, J. E. (ed.). Georgetown University Roundtable in Applied Linguistics. Washington, D. C.: Georgetown University Press, pp. 81-103.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Capacidade lingüística académica e cognitiva
Inglés: 
Cognitive Academic Language Proficiency
Francés: 
Compétence linguistique académique et cognitive
Alemán: 
Akademische und kognitive Sprachkompetenz
Italiano: 
Competenza linguistica accademica e cognitiva
Polaco: 
Poznawczo-szkolna sprawność językowa
Portugués: 
Proficiência linguística académica e cognitiva
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/capacidade-linguistica-academica-cognitiva, con data de acceso 21/09/2020).