Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Asimilación

Definición:

Proceso fonético polo que un segmento se torna máis similar a outro segmento próximo na mesma palabra ou frase. Fálase de asimilación progresiva cando a posición dos órganos articulatorios adoptada para a produción dun segmento se mantén en certa medida para a articulación doutro situado máis adiante na cadea falada (por exemplo, a pronuncia do inglés happen como /hæpm/ en lugar de /hæpn/, cunha bilabial final /m/ en lugar de /n/ pola proximidade da consoante bilabial /p/ que a precede). Cando na articulación dun segmento se anticipan trazos doutro situado máis adiante na cadea, a asimilación denomínase regresiva (por exemplo, a pronuncia en galego de un bico como /um bico/, isto é, dunha bilabial /m/ en lugar de /n/ pola proximidade da bilabial /b/ que a segue). Existe, ademais, a posibilidade de que ambos segmentos se inflúan mutuamente, e nese caso falamos de asimilación dobre ou recíproca (por exemplo, en inglés a secuencia I miss you, “bótote de menos” pode pasar de pronunciarse /ai mis ju:/ a /ai miS (S)u:/).

Bibliografía: 

Quilis, A. 1993. Curso de fonética y fonología para estudiantes anglonorteamericanos. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Asimilación
Inglés: 
Assimilation
Francés: 
Assimilation
Alemán: 
Assimilation
Italiano: 
Assimilazione
Polaco: 
Asymilacja/Przyswojenie
Portugués: 
Assimilação
Ruso: 
Ассимиляция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/asimilacion, con data de acceso 15/10/2024).