Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

ASELE

Definición:

Acrónimo da "Asociación para la Enseñanza del Español como Lengua Extranjera". Esta asociación fundouse en Madrid en xaneiro de 1987 e organiza desde 1989 un congreso de carácter anual no que se presentan en forma de comunicacións, obradoiros e conferencias os progresos e experiencias realizadas no ámbito do ensino do español como lingua estranxeira. Así mesmo, publícase un volume co resumo destas xornadas. Ademais deste libro de actas, esta asociación publica dúas veces ao ano, en maio e en novembro, un boletín con diversas colaboracións dos seus socios.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
ASELE
Ruso: 
Ассоциация изучения испанского как иностранного языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/asele, con data de acceso 04/10/2024).