Barsalou, L. W. 2008. “Grounded cognition”. Annual Review of Psychology 59: 617-645.
Método educativo onde se utiliza o corpo como instrumento para a aprendizaxe. Enraízado nas teorías da cognición incorporada ou corporeizada (do termo “embodied” en inglés) que propugnan que a mente se atopa integrada dentro do sistema sensorial e motor de corpo. Adquire relevancia o papel do corpo na aprendizaxe, é dicir, a natureza corporeizada da aprendizaxe dunha segunda lingua. Establécese unha conexión entre o traballo académico e os movementos corporais. Isto maniféstase de maneira práctica no ensino das habilidades e competencias que promoven a comunicación. O método da Resposta Física Total, proposto por Asher, constitúe un primeiro achegamento a este tipo de aproximación didáctica no sentido de que a aprendizaxe non é meramente intelectual senón que se involucra ao corpo no proceso. Pódense utilizar actividades como, por exemplo, lanzarse unha pelota uns a outros para aprender as formas pasadas dos verbos en inglés ou xogos de rol nos que os alumnos indican unha dirección usando un mapa e mostrando cos brazos as direccións.
Schmidt, M., Benzing, V., Wallman-Jones, A., Mavilidi, M. F., Lubans, D. R. & Paas, F. 2019. “Embodied learning in the classroom: Effects on primary school children’s attention and foreign language vocabulary learning”. Psychology of sport and exercise 43: 45-54.
Zirak Haseeb Chicho, K. 2021. “Embodied Learning Implementation in EFL Classroom: A Qualitative Study”. International Journal of Social Sciences & Educational Studies 8/1: 51-58.