Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Zertifikat Deutsch als Fremdsprache (ZDaF)

Definición:

“Certificado de alemán como lingua estranxeira”.

Certificado que acredita un nivel básico de competencia comunicativa en alemán como lingua estranxeira, equivalente ao nivel B1 de acordo co establecido polo marco europeo común de referencia para as linguas: ensino, aprendizaxe e avaliación. Outórgao o instituto goethe en colaboración coa Asociación das Universidades Públicas de Alemania, realizando previamente un exame. Este documento garante o dominio dun vocabulario básico dunhas 2.000 palabras, así como das estruturas gramaticais máis importantes. Certifica ademais a capacidade do falante para participar en conversas cotiás e sobre temas de carácter xeral. ⇒ apéndice I.

Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/zertifikat-deutsch-als-fremdsprache-zdaf, con data de acceso 26/04/2024).