Ilson, R. 1994. Mastering English Usage. New York; London: Prentice Hall.
Conxunto de pautas ou hábitos que caracterizan ao xeito en que os membros dunha comunidade empregan a súa lingua en situacións concretas. Está relacionado, polo tanto, coa actuación lingüística, e adoita describirse en termos de preferencias por formas alternativas ou da frecuencia relativa de certos elementos en función do contexto. Así, por exemplo, un feito moitas veces apuntado polos estudosos do uso con referencia á lingua inglesa é a tendencia a un emprego máis frecuente da voz pasiva na linguaxe científica, en comparación con outros rexistros. Widdowson distinguiu entre uso lingüístico (en inglés, use) e mais uso (en inglés, usage); o uso lingüístico é a función dunha unidade lingüística como elemento pertencente a un sistema lingüístico, e uso é a función desa unidade lingüística como parte dun sistema de comunicación. ⇒ rexistro 2.
Widdowson, H. G. 1978. Teaching Language as Communication. Oxford: Oxford University Press.
Widdowson, H. G. 1983. Learning Purpose and Language Use. Oxford; Nueva York: Oxford University Press.