Impártese en institucións educativas a estudantes que precisan coñecer ou dominar unha segunda lingua por cuestións de estudo, é dicir, porque se van especializar nun eido de coñecemento ou investigación determinados. Este sería o caso daqueles estudantes que se trasladan a outro país para cursar estudos (xeralmente superiores), e tamén daqueles que precisan a segunda lingua para poderen acceder a bibliografía relacionada coa súa especialidade e a material de estudo en xeral (material informático ou de laboratorio).
Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
Segunda lingua para fins académicos
Definición:
Correspondencia noutros idiomas
Español:
Segunda lengua para fines académicos
Inglés:
Second language for academic purposes
Francés:
Deuxième langue à des fins académiques
Alemán:
Akademischen Fremdsprachenuterricht
Italiano:
Seconda lingua per scopi accademici
Portugués:
Segunda língua para fins académicos
Ruso:
Второй язык в академических целях
Entrada anterior / seguinte:
Como citar esta páxina
Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/segunda-lingua-fins-academicos, con data de acceso 04/10/2024).