Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Segmentación

Definición:

En gramática, análise e identificación dos elementos sintácticos que compoñen unha frase u oración. Por exemplo, a oración inglesa This music drives me mad (“Esta música vólveme tolo”) poderíase descompoñer como segue: suxeito (This music), verbo (drives), obxecto directo (me) e complemento predicativo do obxecto directo (mad). O termo emprégase tamén no eido da lingüística computacional.

Exemplos: 

A oración inglesa This music drives me mad (“Esta música vólveme tolo”) poderíase descompoñer como segue: suxeito (This music), verbo (drives), obxecto directo (me) e complemento predicativo do obxecto directo (mad).

Bibliografía: 

Trask, R. L. 1993. A Dictionary of Grammatical Terms in Linguistics. London; New York: Routledge and Kegan Paul.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Segmentación
Inglés: 
Parsing/ diagramming
Francés: 
Segmentation
Alemán: 
Segmentierung
Italiano: 
Segmentazione
Portugués: 
Segmentação
Ruso: 
Анализ / разбор
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/segmentacion, con data de acceso 18/09/2024).