Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingua minorizada

Definición:

Lingua que é obxecto de discriminación por parte das institucións dun país. Esta discriminación pode consistir, por exemplo, na súa exclusión de determinados dominios de uso, sobre todo dos máis prestixiosos (administración, educación, medios de comunicación, etc.) ou na negación de recursos para o fomento do seu desenvolvemento e uso normal no seo da comunidade de fala. Esta é a situación na que se encontran numerosas linguas, sobre todo en África e América Latina, que, en xeral, son empregadas por unha minoría dentro dun país e carecen de recoñecemento noutros estados. Nembargantes, pode ocorrer que un estado promocione unha lingua prestixiosa empregada por unha minoría, en detrimento da lingua maioritaria, que se convirte deste xeito en minorizada. Este parece ser, por exemplo, o caso do guaraní no Paraguai. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Fishman, J. A. (ed.) 2001. Can Threatened Languages Be Saved? Reversing Language Shift, Revisited: a 21st Century Perspective. Clevedon; Buffalo; Toronto; Sydney: Multilingual Matters.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lengua minorizada
Inglés: 
Minorized language
Francés: 
Langue minorisée
Alemán: 
Minderheitensprache
Italiano: 
Lingue minoritarie/Lingua meno diffuse
Portugués: 
Língua menorizada
Ruso: 
Миноритарный язык
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lingua-minorizada, con data de acceso 19/09/2024).