En España, a educación é un dereito fundamental recoñecido na Constitución de 1978. Esta particularidade esixe que a lei que a regule deba ser aprobada polo voto maioritario do Parlamento. Dende que en 1970 se aprobara a Lei Xeral de Educación (LXE) co obxecto de ampliar a escolarización obrigatoria e modernizar a organización do sistema educativo, téñense debatido e implementado outras que derogan a inmediatamente anterior. Así, a LOXSE (1990), a LOCE (2002) ou a LOE (2005) introduciron cambios no sistema educativo que, polo curto período de tempo transcorrido entre unhas y outras, non se implantaron na súa totalidade.
Entradas relacionadas: