Clark, H. H. & Clark, E. 1977. Psychology and Language. New York: Harcourt, Brace, Jovanovich.
Erro non intencionado que se dá na produción oral tanto de falantes nativos como non nativos. Pódense distinguir os seguintes tres tipos:
- Erro de anticipación. Prodúcese cando o son ou a palabra aparece en posicións anteriores á que deberían ocupar. Por exemplo: *A pasa está pasando o cine, en lugar de A casa está pasando o cine, o /p/ anticípase.
- Erro de perseveranza. Repítese un son ou unha palabra xa mencionada. Por exemplo: *O neto de Nuisa en lugar de O neto de Luisa.
- Erro reversible. Prodúcese un cambio de posición, por exemplo, *A chasa está en camas en lugar da A casa está en chamas.
Bibliografía: