Lyons, J. 1981a. Language and Linguistics. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
Nun sentido xeral, calquera sistema de signos, xunto coas súas regras de uso, que permita enviar e recibir mensaxes.
Nun sentido xeral, calquera sistema de signos, xunto coas súas regras de uso, que permita enviar e recibir mensaxes.
Lyons, J. 1981a. Language and Linguistics. An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
En certas expresións como, por exemplo, alternancia de códigos ou mestura de códigos, equivale a variedade lingüística e pode referirse a linguas distintas ou a dialectos máis ou menos diferenciados dunha mesma lingua.
Romaine, S. 1994. Language in Society: An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Oxford University Press.
As expresións código elaborado e código restrinxido designan, na teoría do sociólogo británico Basil Bernstein, que publicou diversos volumes entre 1971 e 1975, dúas variedades lingüísticas moi diferenciadas que empregan en distinta medida os membros de diferentes grupos sociais. O chamado código elaborado caracterízase, entre outros, polos seguintes trazos:
O código restrinxido presenta, en cambio, características practicamente opostas:
O código restrinxido, segundo Bernstein, é propio da clase traballadora, onde a linguaxe a miúdo emprégase como reforzo da unidade do grupo, onde os coñecementos compartidos fan innecesaria a formulación explícita da información. En cambio, o código elaborado é un estilo comunicativo característico das clases medias e as clases superiores. En realidade, todos os falantes teñen acceso ao código restrinxido e emprégano en certas ocasións, pois esta é a variedade das situacións máis informais. Con todo, é pouco probable que os membros dos grupos menos privilexiados posúan suficiente experiencia no uso do código elaborado, o que ten importantes repercusións educativas. Dado que o código elaborado é o propio da escola, a escasa exposición dos nenos e nenas de clase obreira baixa a esta variedade sitúaos en clara desvantaxe fronte aos doutros grupos sociais, o que aumenta as súas probabilidades de fracaso escolar. Esta conclusión, coñecida como teoría do déficit, deu lugar a importantes investimentos en programas compensatorios nos anos 60, especialmente en Estados Unidos e, sobre todo, suscitou un amplo debate sobre o tema. As críticas máis duras viñeron de parte dalgúns sociolingüistas, que puxeron en dúbida os datos sobre os que se baseaba esta teoría e trataron de demostrar que, máis que empregar un código restrinxido ou deficitario, os nenos e nenas de clase obreira baixa posúen estilos ou estratexias comunicativas diferentes aos doutros grupos.
Bernstein, B. 1971-1975. Class, Codes and Control, Volumes 1-3. London: Routledge & Kegan Paul.
Littlejohn, Stephen & Foss, Karen A. 2010. Theories of Human Communication. Long Grove, IL: Waveland Press. 10th edition.
Wardhaugh, R. 1986. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Blackwell, 1992.