Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Cociente de intelixencia (CI)

Definición:

Tamén coeficiente intelectual.

Medida do grao de intelixencia dunha persoa. Normalmente, para calcular o índice ou cociente de intelixencia (CI) dun individuo divídese a idade mental (EM), calculada en meses a partir dos resultados dun test estándar, pola idade cronolóxica (EC) tamén en meses, multiplicando o resultado por 100:

CI= ( EM / EC )  x 100

A táboa seguinte, utilizada por Wechsler na súa WISC (Wechsler Intelligence Scale for Children), pode servir para interpretar de forma cualitativa os distintos cocientes intelectuais:

  1. Superdotado (2,2% da poboación): CI de 130 en diante.
  2. Superior (6,7% da poboación): CI entre 120-129.
  3. Normal alto (16,1%) da poboación: CI entre 110-119.
  4. Normal (50% da poboación): CI entre 90-109.
  5. Normal baixo (16,1%) da poboación: CI entre 80-89.
  6. Moi torpe (6,7% da poboación): CI entre 70-79.
  7. Atrasado mental (2,2% da poboación): CI de 69 ou menos.
Bibliografía: 

Hogan, T. P. 2015. Pruebas psicológicas. Una introducción práctica. México D.F.: El Manual Moderno S.A. 2ª edición.

Sternberg, R. J. & Detterman, D. K. 1982. How and How Much Intelligence can Be Increased. Norwood, NJ: Ablex Pub. Corp.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Coeficiente de inteligencia (CI)
Inglés: 
Intelligence quotient (IQ)
Francés: 
Coefficient d'intelligence (CI)
Alemán: 
Intelligenzquotient (IQ)
Italiano: 
Coefficiente di inteligenza (IQ)
Polaco: 
Iloraz inteligencji
Portugués: 
Quociente de inteligência
Ruso: 
Уровень интеллекта (IQ)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/cociente-intelixencia-ci, con data de acceso 14/09/2024).