Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

British Council

Definición:

Organización internacional británica sen ánimo de lucro, cuxos obxectivos son a difusión da lingua e cultura inglesas dentro e fóra do Reino Unido, e o fomento do intercambio cultural entre nacións. Con sede en Londres, conta na actualidade con centros en máis de cen países. Esta organización leva a cabo actividades de índole diversa relacionadas coa educación, a cultura, a ciencia, a política ou a sociedade, por exemplo:

  1. a difusión de información sobre o ensino e aprendizaxe da lingua inglesa, así como sobre sistemas educativos e servizos de formación e orientación laboral dentro e fóra do Reino Unido;
  2. a realización de exames de inglés como lingua estranxeira;
  3. a organización de eventos culturais a nivel internacional (conferencias, exposicións, representacións musicais e teatrais, programas de radio e televisión, publicacións literarias, etc.); e
  4. a promoción do coñecemento e o debate sobre avances científicos e sobre temas políticos e sociais (dereitos humanos, democracia, liberdades civís, integración social, etc.).
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/british-council, con data de acceso 10/12/2024).