Son as siglas en inglés da "Asociación para a Conciencia Lingüística" ("Association for Language Awareness"). A asociación organiza e apoia iniciativas que teñen por obxecto promover a conciencia lingüística, particularmente, a investigación ou a celebración de congresos e outras reunións científicas sobre o ensino e a aprendizaxe de linguas. A este respecto, a propia asociación organiza un congreso con carácter bianual e publica unha revista especializada (Language Awareness) nos temas relacionados coa súa misión.
Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
ALA
Definición:
Correspondencia noutros idiomas
Español:
ALA (Asociación para la Conciencia Lingüística)
Ruso:
Ассоциация языковой осведомленности
Entrada anterior / seguinte:
Como citar esta páxina
Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ala, con data de acceso 04/10/2024).