Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

AILA

Definición:

Abreviatura francesa correspondente á Association Internationale de Linguistique Appliquée, é dicir, “Asociación internacional de lingüística aplicada”. Fundada en Francia en 1964, é unha federación internacional de asociacións dedicadas á promoción e o desenvolvemento da Lingüística Aplicada nos seus diversos ámbitos. Celebra un congreso internacional cada tres anos e é a responsable editorial da revista AILA Review e da serie de monografías AILA Applied Linguistics Series. Entre 1998 e 2004 publicou un boletín de novas, AILA Newsletter, que foi substituído pola páxina web da Asociación: http://www.aila.info/en/.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
AILA (Asociación Internacional de Lingüística Aplicada)
Portugués: 
AILA (Associação Internacional de Linguística Aplicada)
Ruso: 
Международная ассоциация прикладной лингвистики
Entrada anterior / seguinte:
ALA >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aila, con data de acceso 25/04/2024).