Programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e coordinado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que ten por obxecto o fomento das relacións sociais, a práctica da lingua galega e o intercambio cultural. Neste programa, persoas galegofalantes comparten o seu tempo libre de xeito voluntario con outras que precisan axuda para practicar conversación e aumentar os seus coñecementos da lingua e a cultura galegas, promovéndose deste xeito un intercambio de experiencias por medio da lingua. O programa está aberto a voluntarios e a activos (persoas que solicitan a axuda), pero tamén a asociacións, que se comprometen a fomentar o uso do galego, acoller ás persoas que forman parte do programa, e contribuír á difusión do mesmo e ao achegamento da poboación inmigrante e foránea á organización. Para formar parte do Voluntariado de Activación Lingüística é preciso ser maior de idade e ter un bo coñecemento do idioma galego. Os voluntarios comprométense a ter un mínimo de 20 sesións de conversación dunha hora cunha parella asignada pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
Activación Lingüística para a Participación Cidadá
Definición:
Entrada anterior / seguinte:
Como citar esta páxina
Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/activacion-linguistica-participacion-cidada, con data de acceso 07/12/2024).