Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Real Academia Española

Definición:

Tamén RAE.

Institución fundada en 1713, con sede en Madrid, cuxo obxectivo é velar pola defensa da lingua española e elaborar normativas de uso que contribúan a manter a súa esencial unidade en todo o ámbito de fala hispana. Desde 1871 fóronse establecendo outras Academias da Lingua Española en diversos países de América e en Filipinas, ata un total de 22 existentes na actualidade. En 1951, estas vinte e dúas institucións constituíron a Asociación de Academias da Lingua Española co fin de traballar asiduamente na defensa, unidade e integridade do idioma común. As actuais edicións da Ortografía de la lengua española, do Dicionario de la lingua española e do Dicionario panhispánico de dudas son o resultado da colaboración destas institucións asociadas. A Real Academia traballa tamén na elaboración dunha gramática descritiva e normativa e publica un Boletín de estudos de carácter cuadrimestral, ademais de organizar, desde 1997, un Congreso Internacional da Lingua Española cada catro anos.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Real Academia Española (RAE)
Ruso: 
Королевская Академия Испанского Языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/real-academia-espanola, con data de acceso 09/10/2024).