Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Programa CUALE

Definición:

As siglas CUALE (tamén Cuale) corresponden á expresión “Cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras”. O Programa Cuale, promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ten como obxectivo a mellora da competencia lingüística do alumnado do ensino secundario obrigatorio (ESO), o fomento da movilidade internacional dos alumnos dos ciclos da Formación Profesional, e a mellora da competencia lingüística dos docentes. Os cursos de formación do programa desenvólvese tendo en conta os niveis de competencia establecidos no Marco europeo común de Referencia para as Linguas. Establécense tres modalidades de cursos: os dirixidos ao alumnado de 3º e 4º curso de ESO (Cuale-ESO), os do alumnado de ciclos de FP (Cuale-FP), e os de profesorado (Cuale-PROF). Unha vez que os centros de ensino secundario ou formación profesional reciben a autorización para impartir os cursos do programa, os departamentos de linguas estranxeiras deses centros son os encargados de proporcionar profesorado, preparar a programación, impartir os cursos e avaliar aos alumnos. As clases non se inclúen no horario lectivo e son de carácter voluntario. Ao rematar os cursos, e superadas as probas de avaliación, os centros emiten certificados de aproveitamento correspondentes ao nivel A1 do Marco europeo común para os alumnos de 3º de ESO, ao nivel A2 para 4º de ESO, aos niveis A2, B1 ou B2 para os alumnos de Formación Profesional (dependendo do ciclo formativo e do número de horas), e aos niveis A1, A2 ou B1 para o profesorado. Os centros participantes deben así mesmo elaborar unha memoria das actividades realizadas ao rematar o programa.

Entradas relacionadas: 
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/programa-cuale, con data de acceso 03/12/2024).