Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Descrición estrutural (DE)

Definición:

Na Teoría Estándar da gramática xenerativa, a descrición estrutural consiste na análise gramatical dunha oración, e adopta a forma dunha cadea de constituíntes coas súas correspondentes etiquetas. A descrición estrutural constitúe o primeiro paso no proceso de transformación cara ás estruturas superficiais; nela móstrase a estrutura profunda da oración (isto é, a súa forma sintáctica máis abstracta) por medio dunha descomposición factorial na que se explicitan os tipos de estruturas sobre as que se aplicarán posteriormente as regras transformacionais. O segundo paso do proceso denomínase cambio estrutural, e nel indícase como esas regras afectan ás estruturas en cuestión. 

Bibliografía: 

Chomsky, N. 1965. Aspects of the Theory of Syntax. Cambridge, Mass.: The MIT Press.

Horrocks, G. 1988. Generative Grammar. London: Longman. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Descripción estructural (DE)
Inglés: 
Structural description
Francés: 
Description structurale
Alemán: 
Strukturbeschreibung
Italiano: 
Descrizione strutturale
Polaco: 
Opis konstrukcyjny
Portugués: 
Descrição estrutural
Ruso: 
Структурное описание
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/descricion-estrutural, con data de acceso 10/12/2024).