Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Construción vertical

Definición:

Estrutura producida polo aprendiz dunha lingua na que se toman elementos dun discurso anterior, que se mesturan con formas que produce el mesmo. Deste xeito, unha construción vertical créase en varias etapas. Por exemplo, un estudante de inglés pode dicir: Non close the window (“Non pechar a fiestra”), porque coñece close the window (“pechar a fiestra”) dun discurso previo, ao que engade non. Segundo Scollon (1976), estas construcións preceden ás construcións horizontais, nas que o aprendiz crea unha oración correcta dunha soa vez sen necesidade de recorrer a varias fases. A construción horizontal do exemplo anterior sería: Don’t close the window. Noutro exemplo, Ellis (1999) ilustra o concepto cun intercambio entre un aprendiz de inglés e o seu profesor no que o primeiro é capaz de producir palabras illadas en distintas quendas ata lograr ao final completar unha secuencia na que as combina todas. Neste sentido, a construción vertical é un compoñente esencial da construción interactiva ou andamiaxe, ao permitirlle ao aprendiz desenvolver a capacidade de levar a cabo unha tarefa que non era capaz de realizar anteriormente.

Bibliografía: 

Ellis, R. 1999. Learning a Second Language through Interaction. Amsterdam: John Benjamins.

Scollon, R. 1976. Conversations with a One-Year Old. Honolulu: The University of Hawaii Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Construcción vertical
Inglés: 
Vertical construction
Francés: 
Construction verticale
Alemán: 
Vertikale Struktur
Italiano: 
Costruzione verticale
Polaco: 
Konstrukcja wertykalna
Portugués: 
Construção vertical
Ruso: 
Вертикальная конструкция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/construcion-vertical, con data de acceso 06/12/2024).