Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Realia

Definición:

Tamén obxectos reais.

Obxectos da realidade cotiá (alimentos, moedas, billetes, folletos, mapas, xornais, utensilios de cociña, etc.) que emprega o profesor na clase para tratar certos temas ou para ensinar vocabulario e outros puntos gramaticais na aula. Por exemplo, ao falar do tema das viaxes e de como pedir un billete de tren, pódense usar billetes auténticos dentro da aula para facer que a actividade pareza máis real. Ao ensinar o vocabulario relacionado coa roupa e vestimenta, o docente pode levar á aula distintas pezas de roupa en lugar de usar debuxos ou fotografías.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Sukrina, V. 2013. Improving Students' Vocabulary Mastery by Using Realia. TRANSFORM Journal of English Language Teaching and Learning  2/2:1-10.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Realia (obxectos reais)
Inglés: 
Realia
Francés: 
Realia (vrais objets)
Alemán: 
Realia (Reale Objekte)
Italiano: 
Oggetti reali
Portugués: 
Realia
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/realia, con data de acceso 10/12/2019).